domingo, 21 de diciembre de 2014

NADAL EN 5º E 6º

O pasado xoves día 18 de decembro o alumnado de 5º e 6º viviron unha xornada de lecer, para celebrar o remate do trimestre e a chegada do Nadal . Para isto primeiro xuntamonos na aula de 5º para visionar unha película de Nadal, e despois tras acudir a entrega de premios do Samaín, levamos a cabo unha festa na aula de  sexto. Para que poidades ollar o que desfrutamos da xornada aquí queda un video.

lunes, 8 de diciembre de 2014

O ALUMNADO DE 5º E 6º FAI COCIÑA

O venres, 5 de decembro de 2014, os alumnos de 5º e 6º de Primaria foron os protagonistas dun Taller de Cociña.
Dirixidos por Cosme, o cociñeiro do Colexio, elaboraron pizzas e brochetas. Incluso recibiron a visita de Sinterklaas mentras traballaban.
De seguro que non esquecerán esta experiencia.


martes, 2 de diciembre de 2014

EXPOSICIÓN NA ESCOLA

Os rapaces de 6º estamos a traballar no tema dos ecosistemas, para isto despois de coñecer a teoría na aula, tocaba levala á practica.
O alumnado tivo que confeccionar un ecosistema en 3 dimensións.
Unha vez valorados, decidimos facer con eles unha exposición nos corredores da escola.
































Que vos parecen?

jueves, 19 de junio de 2014

Despedida do alumnado de sexto curso. Xuño de 2014.

Csenge, Alicia, Azazael, Diego e Juan déixannos para incorporarse o vindeiro curso na ESO. Csenge e os seus irmáns vanse definitivamente para Hungría (Magyarország, o país dos Magiares). Foron moitos anos con eles e ímolos botar moito de menos. Deixaron unha fonda pegada entre nós, porque son nenos moi especiais.
A todos, aos que se van lonxe, como aos demais, desexámoslles desde o Colexio que saiban buscar o seu espazo no escenario da vida que os está esperando. Lembrade que non conseguiredes nada valioso sen esforzo. Sede fortes! Non esquezades de respectar e coidar á vosa familia, que é o máis valioso que tedes.



Un bo traballo da realización vídeo por parte da súa profesora titora, María Viesca. Como son poucos alumnos, non había moitas fotos. Sen embargo, soubo facernos pasar sete minutos moi agradables. Ata sempre, nenos.

viernes, 14 de marzo de 2014

A familia Supertramp presenta o seu proxecto ao alumnado do CEIP Plurilingüe de Carballedo.

Óscar Barreiro Ucha, ex-alumno do Centro, acompañado pola súa dona e seus dous fillos (A familia Supertramp), presentaron o día 14 de Marzo o seu proxecto de realizar unha viaxe de once meses de duración por case toda Europa. O inicio será en Agosto de 2016 e o regreso en Xullo de 2017.
Aquí tedes algúns momentos da súa presentación, dirixida ao alumnado de Educación Primaria.

Neste dous anos que lles quedan ata o inicio da viaxe, teñen que buscar patrocinadores e axudas. Na súa páxina web http://www.familiasupertramp.com/ podedes informarvos do seu proxecto e de outras viaxes que levan feito por Europa. Desde aquí, desexámoslles moita sorte.