martes, 5 de mayo de 2015

CHEGAN OS MONÓLOGOS A 6º

Esta semana estamos a traballar os monólogos, ao longo da semana iremos subindo os vídeos que estamos elaborando na aula. A continuación deixamos o vídeo de Naiara para que vaiades abrindo boca. Parabéns Naiara !

viernes, 3 de abril de 2015

TRABALLIÑOS SOBRE OS CONTINENTES


Os rapaces e rapazas de 6º estamos a traballar sobre os continentes, e para isto decidimos facer unha investigación,a cada alumno/a asignouselle un continente,pero como non tiñamos suficientes, engadimos España e Galicia para o noso traballo. Aínda non están todos rematados, pero... aqui queda unha mostra dos mesmos. POr unha banda o traballo de Naiara sobre Asia e por outra o de Silvia sobre Oceanía.





domingo, 1 de marzo de 2015

EXCURSIÓN Á CORUÑA. 23 de febreiro de 2015.


O luns 23 de febreiro de 2015 o segundo e o terceiro ciclos de Primaria foron de excursión á cidade de Coruña. O obxecto da viaxe era visitar o Domus, a Casa das Ciencias e o Acuario. Non temos moitas fotos da actividade e o tempo non nos acompañou, había alerta laranxa na zona, pero o alumnado pasouno moi ben e aprenderon moitas cousas novas.

Ahí van algunhas mostras.

O alumnado comendo na entrada da Casa das Ciencias.
Menos mal que saíu o sol á hora de comer.
Os alumnos facéndolle fotos a Gastón.
Foto sacada desde o autobús, xa de regreso.

domingo, 8 de febrero de 2015

BENVIDO A CARBALLEDO PEPE!

O venres chegou a neve a Carballedo, e os nenos da escola saímos ao patio para desfrutar deste fenómeno atmosférico, xa que é algo que pasa de cando en vez. Entre todos creamos a Pepe, agardamos que vos guste tanto coma a nós.