MÚSICA


Enlaces a webs de interese.

Enlace a Musivalia. Páxina web de recursos musicais para a aula.


O voo da laverca.

The Lark Ascending. Autor: Vaughan Williams. Interpreta ao violín: Janine Jansen.

Esta preciosa música describe mellor que con palabras o voo deste paxaro.
Se a escoitas, non quedarás indiferente.


Fantasía 2000 de Disney. O paxaro de lume.

Fondo musical: O paxaro de lume (The Firebird), de Ígor Stravisnky, versión de 1919.

Das oito partes en que está dividida a estupenda Fantasía 2000 de Disney, a adicada a Ígor Stravinsky é a mellor de todas. A coordinación entre os movementos das animacións e a música son perfectos. De feito, esta é a característica principal deste filme, a animación está feita para servir á música.
Nárrase a historia dun Trasno e o seu compañeiro Cervo. Despois do inverno, no que todo está morto e petrificado, o Trasno (espíritu do bosque) restaura a vida. Pero tamén esperta o Espíritu do Lume no fondo do cráter dun volcán. O Paxaro de Lume destrúeo todo, incluso ao Trasno. Gracias ao Cervo, o Trasno (espíritu da vida) reanímase, aínda que a súa alma case non pode. Coa axuda do Cervo, consegue que o bosque volva á vida.
O tema que está detrás desta marabillosa historia é o eterno ciclo entre a vida e a morte. A auga e o lume.


Instrumentos de percusión Carl Orff


No hay comentarios:

Publicar un comentario