domingo, 3 de diciembre de 2017

25N

O pasado sábado foi o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,e na nosa escola celebrámolo nas aulas, e posteriormente, o martes día 28 acudiu á biblioteca Olalla, unha psicóloga do Concello, para ter unha charla co alumnado d
e 5º e 6º, sobre a diferencia entre machismo e feminismo, e para esbotar diferentes esterotipos, que temos arraigados dende os tempos dos nosos ancestros, e que queremos romper con eles e así termos unha sociedade libre da Violencia de xénero. 
Tivemos, unha xornada moi entretida e productiva, posto que houbo quendas para o coloquio,e para facer o visionado de diversas curtas sobre esta temática.
Moitas grazas pola visita Olalla e deica outra!!


martes, 26 de septiembre de 2017

TERAPIAS CREATIVAS

O Pasado xoves, día 14 de setembro o alumnado de 5º e  6º levou a cabo unha sesión de terapias creativas, dirixida pola nosa nova compañeira especialista en PT a mestra  Mª Elena Quiñoy García. De seguido amósanse unhas fotografías do traballo realizado e estamos creando un vídeo resumo no cal se pode observar o goce do noso alumnado ao levar a cabo este traballo. A experiencia foi moi gratificante e satisfactoria. 

Xa estamos agardando polas vindeiras sesións!










Grazas compañeira!

lunes, 26 de junio de 2017

DOCUMENTAL O ANO DO CINEMA EN CARBALLEDO

O alumnado de 5º e 6º presentou no festival un documental elaborado  por eles e no cal se foi realizando un breve percorrido polas actividades realizadas sobre o cinema e enmarcadas no proxecto documental deste curso, proposto dende a biblioteca do centro, e no cal participamos de forma activa tanto nas actividades a nivel de centro, coma traballando de maneira conxunta durante a nosa hora de biblioteca e na cal realizamos numerosas actividades como se pode apreciar neste documental. É preciso dicir que fixemos unha escolma de actividades para a realización do mesmo . 
Dende aquí dar os parabéns a todos os participantes pero sobre todo á nosa presentadora porque amosou grandes dotes comunicativas, e grandes doses de paciencia con todos e cada un dos entrevistados.
PARABÉNS RAPACES!

miércoles, 21 de junio de 2017

DESPEDIDA DOS DE SEXTO

Hoxe tivo lugar, o festival de fin de curso e con el a entrega de diplomas e dos agasallos por ser colaboradores do comedor durante os últimos cursos da súa etapa de primaria.
Dende aquí queremos darvos os nosos parabéns por esta etapa que rematades e desexarvos o mellor nesa outra que estades a piques de comezar.
De seguido aparecerá o video de lembranza do voso paso polo CEIP Plurilingüe de Carballedo.

lunes, 15 de mayo de 2017

SAÍMOS NA RADIO!!!

Os rapaces de 5º e 6º imos participar no concurso de espantallos do Concello de A Lama,e imos presentar, como non podía ser de outra maneira uns ESPANTALLOS DE CINE!! Elaboraron unha representación da gravación dunha curta, onde se poden atopar actores, actrices, dobres, cámaras, directoras de vestiario, perruqueiras e maquilladoras e así ata doce espantallos que poderedes ver na ruta do Barbeira a partires desta semana e ata o día 10 de xuño que serácando se coñecerá o veredito do xurado. Con iste motivo achegouse á nosa escola a unidade móbil de Radio Nova para entrevistar aos nosos amigos de 5º e 6º. Deixovos o enlace para que poidades escoitar a súa primeira intervención polas ondas. PINCHA AQUÍ PARA OIR A ENTREVISTA

lunes, 1 de mayo de 2017

ELECCIÓN DEMOCRÁTICA

Na área de ciencias sociais, tanto en 5º coma en 6º vimos a organización territorial e política do noso territorio, en 5º falamos de España e de Galicia e en  6º profundizamos un pouco máis e tamén traballamos Europa.
Dentro deste tema falabamos da democracia, que é o dereito do pobo a elexir aos seus representantes e o que implicaba o dereito ao voto, e como non hai mellor aprendizaxe ca a posta en práctica, decidimos montar na aula unha votación para poder escoller de maneira democrática o menú dun día do comedor, de tres propostas que nos fixo Cosme, o noso cociñeiro.
Todo isto gravamolo en vídeo e aquí tendes tanto o proceso coma o resultado da súa primeira votación democrática!

jueves, 20 de abril de 2017

Saída ao auditorio Afundación

Hoxe, acudimos a Pontevedra, para ver o concerto didáctico "La maravillosa historia del violín trompeta", a través do cal viaxamos polo mundo da música da compaña do dúo Fetén, Fetén.













viernes, 31 de marzo de 2017

8 de Marzo: Día Internacional da Muller

Con motivo da celebración da actividade conmemorativa do 8 de marzo: Día Internacional da Muller, levouse a cabo unha actividade conxunta entre o alumnado de quinto e sexto de primaria. Realizamos dous murais, relacionando a figura da muller coa temática do Proxecto Documental Integrado deste ano, o cine. O resultado foi o que de seguido se amosa.



miércoles, 8 de marzo de 2017

ECOSISTEMAS

O pasado tema de ciencias naturais adicamolo a estudar os ECOSISTEMAS e como tarefa final pedíuselle ao alumnado que elaboraran a maqueta dun deles Previamente sorteamos entre o alumnado os  entre ecosistemas naturais , mixtos ou humanizados, e a cada alumno foille asignada unha tarefa. 
Unha vez as entregaron na aula, tiveron que facer unha exposición da mesma ante os seus compañeiros. E posteriormente elaboramos unha exposición na aula. 
De seguido aparecen as fotografías das maquetas e o vídeo do resumo das exposicións elaboradas na aula.




























EXPOSICIÓN NA AULA









O VÍDEO DAS EXPOSICIÓNS NA AULA