DEPORTE ESCOLAR


Como xa sabedes, o noso Colexio participa no Programa Xogade, xunto cos colexios da bisbarra.
Amosamos a continuación un vídeo e fotos de diversas competicións realizadas no circuito de "A Madalena" (Soutelo de Montes) en xaneiro de 2014, así como da entrega de medallas do día 6 de xuño de 2014 no Pavillón Municipal de Forcarei.
Neste cross participou o alumnado desde 2º a 6º de Primaria. O día estaba poallento, pero as nenas e nenos puxeron da súa parte moito entusiasmo e, sobre todo, moito, moito esforzo; non para quedar de primeiros, pero si para participar, fortalecer o corpo e pasar unha mañá divertida cos rapaces dos colexios da bisbarra. Un premio a todos polo esforzo posto na realización da actividade e en especial a Juan, de 6º.
No vídeo non aparece, pero ao remataren as probas, os asistentes foron obsequiados cun chocolate quente, auga e uns bolos.
Estas actividades deportivas ao aire libre, forman parte das actividades habituais do colexio. Están programadas desde o inicio do curso e aprobadas polo Claustro de Profesores e o Consello Escolar. A non asistencia a estes eventos, priva aos rapaces de realizar actividades que non só fortalecen o seu corpo, tamén favorecen a comunicación con outros nenos da comarca, que doutro xeito non coñecerían. Ademais, deixan de realizar tarefas que forman parte do currículo escolar, coa merma académica que eso supón.



Curso escolar 2013 - 14.

Curso escolar 2014 - 15.
Aquí tedes algunhas imaxes do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria ao longo das saídas realizadas dentro do Programa XOGADE  e noutros eventos deportivos. Pavillón de Cerdedo, pistas de A Madalena (Soutelo de Montes), pistas do Centro de Tecnificación Deportiva (Pontevedra) e entrega de medallas en Pontecaldelas, como remate do programa, foron os momentos escollidos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario